CONVITE
Relatos, encontros e imaxes
Acto de peche da primeira Aceleradora de Proxectos Musicais da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza
Co obxectivo de acelerar 10 proxectos artísticos musicais, a Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia través da Axencia Galega das Industrias Culturais con fondos NextGenerationEU, impulsaron a aceleradora de proxectos musicais SONEMERXENTE.
SONEMERXENTE é un programa de aceleración musical que consta de dúas fases: unha primeira fase de aceleración, e unha segunda fase de promoción e mercados. Na primeira fase os proxectos musicais participantes recibiron servizos de consultoría e mentorización individualizadas en diferentes áreas do negocio musical, así como na creación e gravación dun produto musical e o deseño dun plan estratéxico de lanzamento, ou plan de negocio. A segunda fase incluíu diferentes actividades como a participación en diferentes circuítos de concertos, festivais e espazos profesionais da industria musical, a nivel galego e nacional, ou o desenvolvemento de actividades de networking e speedmeetings con outros referentes do sector.
DATA, HORARIO E LUGAR
- VENRES, 20 DE OUTUBRO
- 18:30 h.
- SALÓN TEATRO (Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela)
PROGRAMA
- 18:00 h. : Apertura de portas
- 18:30 h. : Inicio evento
- 21:00 h. : Conversas e grolos na terraza da Fundación Eugenio Granell / Fin de festa con Carlangas DJ Set
Presenta:
Carlos Pereiro, Carlangas
Proxectos musicais participantes:
- Paraíso Canto
- Adrian Timms
- Mondra
- Ani Baires
- Law
- De Ninghures
- Samudra Trío
- Zeltia Irevire
- HYDN
- Helena Egea