
Acto de peche da segunda Aceleradora de Proxectos Musicais da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza
Co obxectivo de acelerar 12 proxectos artísticos musicais, a Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia través da Axencia Galega das Industrias Culturais con fondos NextGenerationEU, impulsan a segunda edición da aceleradora de proxectos musicais SONERMERXENTE
SONEMERXENTE é un programa de aceleración musical que consta de dúas fases: unha primeira fase de aceleración, e unha segunda fase de promoción e mercados. Na primeira fase os proxectos musicais participantes recibiron servizos de consultoría e mentorización individualizadas en diferentes áreas do negocio musical, así como na creación e gravación dun produto musical e o deseño dun plan estratéxico de lanzamento, ou plan de negocio. A segunda fase incluíu diferentes actividades como a participación en diferentes circuítos de concertos, festivais e espazos profesionais da industria musical, a nivel galego e nacional, ou o desenvolvemento de actividades de networking e speedmeetings con outros referentes do sector.
SONEMERXENTE é un programa de aceleración musical que inclúe: consultoría e mentorización individualizada en diferentes áreas do negocio musical, creación e gravación de produto musical, deseño dun plan estratéxico de lanzamento ou plan de negocio. Tamén se desenvolven diferentes actividades como a participación en diferentes circuítos de concertos, festivais e espazos profesionais da industria musical.
DATA, HORARIO E LUGAR
MÉRCORES, 23 DE OUTUBRO
19:00 h.
SALÓN TEATRO (Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela)
PRESENTAN
Anxela Baltar & Lúa Mosquetera

PROXECTOS MUSICAIS PARTICIPANTES:
ABRIL · AMOEBO · CATUXA SALOM
FUTURO ALCALDE · FRENCH RIVIERA
JAVIER LAGO · ERIS MACKENZIE
FILLOAS · VERTER GZ · MARIÁN
CANDELA LISTE · HABLÓ PABLO

SHOWCASE:
De Ninghures

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Sonemerxente é unha iniciativa de


AXENDA














