AVISO LEGAL WEB SONEMERXENTE
O presente sitio web é propiedade e xestionado pola FUNDACIÓN PAIDEIA GALICIA, entidade sen ánimo de lucro, declarada de interese galego por Orden de 28 de setembro de 2001 e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia co número 2001/27, cuxos datos completos son os seguintes:
Dirección: Praza María Pita 17- 15001 A Coruña
CIF: G15798655
Tfno: 981223927
e-mail: paideia@paideia.es
OBXECTO
Fundación Paideia Galicia pon a disposición dos usuarios este sitio web para a xestión e o desenvolvemento do Programa da Aceleradora Cultural de proxectos musicais, en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), ao amparo dos Fondos NextgenerationUE e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241
O acceso ao sitio web é gratuito salvo os coste de conexión a internet suministrado polo proveedor de acceso contratado polo usuario.
RESPONSABILIDADE
Fundación Paideia galiza exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fora manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.
A pesar da adopción de toda as precaucións precisas para proporcionar informacións actuais e exactas no sitio web, Fundación Paideia galiza non pode garantir a actualización de toda a información facilitada nin a ausencia de erros ou omisións na páxina web. Asemade, tampouco podese garantir a ausencia de virus informáticos, ou de calquera outro compoñente ou condición prexudicial na páxina web.
Fundación Paideia galiza non pode garantir que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrumpida en todo momento, debido á posibilidade de que aparezan problemas técnicos na rede, prestadores de servicios de telecomunicacións, averías etc. O usuario recoñece e acepta que o acceso e uso do sitio web e/ou dos contidos incluídos no mesmo teñen lugar libre e conscientemente, baixo a súa exclusiva responsabilidade. O acceso ao sitio web e/ou aos contidos incluídos no mesmo non implica ningún tipo de garantía respecto á idoneidade do portal e/ou dos contidos incluídos no mesmo para fins particulares ou específicos dos usuarios.
Fundación Paideia galiza reservase a facultade de actualizar ou modificar en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso estas condiciones legais, así como a información contida no sitio web.
LIGAZÓNS A OUTROS SITIOS WEB
Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de enlace que dende páxinas de terceiros den acceso directo ás páxinas da Fundación Paideia Galicia.
Este portal web pode conter dispositivos técnicos de enlace(s) a páxinas externas sobre as cales Fundación Paideia Galicia non se responsabiliza en ningún caso nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado con ditas páxinas ou o seu acceso.
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Todos os contidos deste portal web, marcas, deseños, logos, material sonoro audiovisual, fotográfico ou con outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web son propiedade de Fundación Paideia Galicia ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no mesmo e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.
En ningún caso entenderase que se concede licenza algunha ou se efectua renuncia, transmisión, cesión total ou parcial de ditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre ditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito do seu titular.
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Fundación Paideia Galiza na súa condición de encargada de tratamento, informa que os datos recabados no sitio web serán tratados conforme á lexislación en materia de protección de datos, e particularmente conforme ao disposto no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril.
A finalidade do tratamento é a de xestionar os posibles contactos a través do sitio web, o que inclúe o envío de información, resolución de consultas, petición de información ou calquera cuestión relacionada coas actividades do Programa da Aceleradora Cultural.
As categorías de datos que serán incluídos no rexistro de actividades pertencentes á Fundación corresponderán a datos de identificación, teléfono e direccións electrónicas. Estes datos serán tratados durante o tempo que dure a relación establecida coa entidade ou ata que vostede exercite os seus dereitos de baixa ou supresión.
A Fundación cumpre coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, comprometéndose a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos dacordo coa finalidade descrita, estando lexitimada polo consentimento que expresamente se outorga ao aceptar estas condicións. Este consentimento poderá ser retirado en calquera momento, sen que elo afecte á licitude do tratamento con ca-rácter previo a súa retirada.
Os seus datos non serán transferidos ni cedidos a terceiros fóra dos casos expresamente previstos en materia de protección de datos ou baixo o seu consentimento expreso.
Fundación Paideia Galiza informa que pode exercitar os seus dereitos de acceso aos datos, rectificación ou supresión, limitación do seu tratamento, oposición ao mesmo, así como a portabilidade dos seus datos, dirixíndose á Fundación Paideia Galiza, Praza de María Pita 17, 15001 A Coruña, ou á dirección de correo electrónico protecciondedatos@paideia.es, aportando fotocopia do seu DNI, especificando “Aceleradora Sonemerxente”.
Infórmase tamén que ten dereito a presentar a correspondente reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos